Dende a Limia
14:03 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

CATRO MILLÓNS DOUSCENTOS MIL EUROS PARA O REGADIO DA LIMIA

| 21 de Octubre de 2017 (01:02 h.)

Carlos Gómez Deputado do Partido Popular por Ourense, congratúlase de que a Xunta de Galicia destine nos orzamentos do 2018 CATRO MILLÓNS DOUSCENTOS MIL EUROS para poñer en marcha os Plans de Regadio da Comarca da Limia.

Carlos GomezO deputado Ourensán sinala que a Consellería de Medio Rural segue a traballar para por en marcha os Plans de Regadio. A constatación deste compromiso, son a dotación destes catro millos douscentos mil euros nos orzamentos do vindeiro ano.

Carlos Gómez lembra tamén, que para a consecución deste fin creouse a finais do 2016 o Comité de seguimento dos Regadíos da Limia presidido polo director xeral de Desenvolvemento rural, que xa se ten reunido en mais de media ducia de ocasións, este Organismo é unha garantía en si mesmo da consecución do obxectivo do plan de rega Limiao.

 

A finalidade deste organismo, é, a de poder controlar en primeira instancia as distintas actuacións a levar a cabo, así como ser vía para chegar a acordos entre todos os interesados: Os Concellos afectados de Xinzo de Limia, Porqueira e Trasmiras; As Comunidades de Regantes; O Corpo técnico da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural; E a Asociación de Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL).

 

No presente ano 2017 xa foron orzamentados mais de 1.500.000 euros para poder financiar os proxectos e estudos necesarios para, a tramitación ambiental, análises e estudos previos para os anteproxectos e memorias técnicas, e a redacción definitiva dos proxectos de execución unha vez haxa Declaración de Impacto e informes e directrices finais da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e de Avaliación Ambiental.

 

Neste intre están en marcha todas as actuacións previas necesarias para executar as obras de mellora e acondicionamento das comunidades de regantes da Limia.

 

O prazo para comezar as obras dependerá dos tempos de resolución da tramitación ambiental previa, e do resultado final desta coa Declaración de Impacto Ambiental.