Dende a Limia
18:09 h. Viernes, 17 de Agosto de 2018

Celanova acolle mañá o II Encontro de Casas Museo e Fundacións de escritores de Galicia. 

O. Ferreiro | 09 de Febrero de 2018 (23:08 h.)

A Casa dos Poetas en Celanova acolle este sábado 10 de febreiro, ás 12:00 horas, o II Encontro de Casas Museo e Fundacións de escritores de Galicia. 

Convocadas as máis de 30 entidades deste tipo no país, están confirmadas a asistencia de representantes de polo menos a metade. A esta reunión asistirá tamén o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, para afondar nesta relación colectiva e abordar ideas e propostas máis concretas a través das cales iniciar posibles camiños de colaboración, así como continuar co coñecemento recíproco das propias casas e das actividades que estas desenvolven.

O primeiro encontro tivo lugar 24 de xuño do pasado ano e no marco das actividades do centenario do pasamento de Eduardo Pondal, acudindo á chamada das Fundacións Pondal, Rosalía e Curros Enríquez. A reunión foi nesa ocasión en Ponteceso co fin de facer unha primeira toma de contacto e unha aproximación ao estado da cuestión das Fundacións de Escritores de Galicia, responsables na grande maioría dos casos de Casas Museo ou edificios expositivos con personalidade propia e cunha serie de singularidades que fan que moitas das problemáticas e dos retos de futuro aos que debemos enfrontarnos, sexan comúns.

FUNDACIÓNS CONVOCADAS:

Fundación Eduardo Pondal

Fundación Emilia Pardo Bazán

Fundación Luís Seoane

Fundación W. Fernández Flórez

Fundación Camilo José Cela

Casa Museo Rosalía de Castro

Museo Valle Inclán

Fundación Castelao

Fundación Celso Emilio Ferreiro

Fundación Torrente Ballester

Casa de la Troya

Fundación Manuel María

Fundación Uxío Novoneyra

Fundación Vicente Risco

Fundación Curros Enríquez

Casa Museo Otero Pedrayo

Fundación Losada Diéguez

Fundación Insua dos Poetas

Fundación Carlos Velo

Casa Museo Ramón Cabanillas

Fundación Filgueira Valverde

Fundación Illa Couto

Fundación Penzol

Casa Museo Francisco Fernández del Riego

Fundación Neira Vilas

Casa Museo Francisco y Julio Camba

Casa Natal de Valle Inclán

Fundación Carlos Casares

Fundación Plácido Castro

Fundación López Abente

Fundación Blanco Amor