Dende a Limia
12:01 h. Miércoles, 23 de Agosto de 2017

Chega a súa cita o mercado solidario de LIMISI

| 11 de Agosto de 2017 (10:39 h.)
MERCADO SOLIDARIO 2017
MERCADO SOLIDARIO 2017

O luns día 14 de agosto dende as 11:00 ata as 21:30 de maneira ininterrompida  os membros de LIMISI farán o seu xa tradicional Mercado Solidario.

O lugar será a praza Carlos Casares  e coa asociación colaboran nesta edición o Concello de Xinzo e a Deputación Provincial e loxicamente todos aqueles veciños e veciñas que envían os seus artigos a asociación para facer ano tras ano o mercádello mais grande.