Dende a Limia
19:38 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

CIVITAS LIMICORUM, fixo balance

| 31 de Agosto de 2017 (22:21 h.)

Hoxe 31 de agosto pasadas as 20:30 os membros da directiva de Civitas e polo mesmo responsables da organización do ESQUECEMENTO 2017 quixeron facer balance do acontecido na festa deste ano.

Unha das primeiras cuestións a tratar foi a organización do teatro do sábado, así como o desfile do domingo. Como é lóxico nestes casos houbo opinión para todos os gustos, pero case todas en modo construtivo.

AS MULLERES TEMEN CRUZARÁN O RÍO

IMG_3933Unha das cuestións que se debateu amplamente, ata que se tivo que cortar polo número de intervencións argumentativas foi o de que si as mulleres das tropas romanas debían esperar do outro lado do río ou pásalo cos seus soldados. Despois do debate, parece que a cousa decantouse para o lado de que as mulleres romanas para o ano que ven cruzarán temen o río.

Segundo a maioría dos presentes, o desfile haino que mellorar en dous aspectos principais. O primeiro e que fan falla mais tambores para o desfile das tropas romanas, e outro de que si o desfile dos “castrexos” non é tal cousa e a xente gústalle ver a cada grupo independente, non como se fai ata agora, co que o desfile sería moito mais vistoso.

MELLORA NA XESTIÓN DOS RESIDUOS

Outro dos temas que se trataron na asemblea foi a do lixo, que como xa todos saben quedou no campo mais dunha semana.Os responsábeis solicitaron non so mais civismo de cara o ano que ven, se non o compromiso por parte de cada lexión ou grupo castrexo de que na vindeira edición o tema quede resolto coa colaboración cívica de cada grupo. Non é de recibo traer un sofá, e despois como xa non o vamos utilizar na casa, deixalo no campo.

O parque témolo que entregar unha vez rematada a festa mellor si cabe de como no lo entrega o concello, manifestou Iván, coordinador da coordinadora.

TALLER DE TRAXES ROMANOS

Varios foron os membros veteranos de lexións romanas os que se ofreceron para organizar de cara a nova edición talleres para construír traxes de romanos, loxicamente traendo cada seu o material.

PREMIOS AS CASETAS

5

Pasouse logo a entrega de primeiros e segundos premios ás casetas, tanto romanas como castrexas. Como sole acontecer nestes casos os gustos dos membros do xurado non coincidían co de algún dos presentes, cuestión que se saldou sen maiores problemas.