Dende a Limia
05:47 h. Miércoles, 14 de Noviembre de 2018

CLAUSURADO O TALLER DE CINEMA: ANIMACIÓNS 3D DE ICC KIDS XINZO DE LIMIA

| 03 de Septiembre de 2018 (20:35 h.)

A Deputación de Ourense en colaboración co Departamento de Cultura do Concello de Xinzo de Limia realizaron un Taller Tecnolóxico sobre Cinema e Animacións 3D, que tivo lugar na aula Cemit na Casa da Cultura do Concello, ao longo das dúas últimas semanas do mes de Agosto, para 18 nenos e nenas de idades entre os 8 e 15 anos, cubrindo así todas as prazas existentes. Desde fai tres anos consecutivos, que Ourense ICC Week mediante o programa ICC Kids cambiou as actividades de verán para os nenos e nenas da provincia de Ourense, xa que deixaron de entenderse como a mera experiencia de ir de acampada, xogos de gymkanas ou contar historias ao redor dunha fogueira.

IMG_20180822_104223A introdución plena das tecnoloxías nas vidas cotiás dos mozos fixo que a oferta de actividades de verán tivese que cambiar e adaptarse aos novos tempos. Os nenos e nenas actuais da provincia de Ourense, son nativos dixitais que están familiarizados coas novas tecnoloxías.

 Os seus intereses cambiaron, agora queren aprender a construír realidade virtual, deseñar videoxogos ou crear animacións 3D. Por este motivo, a Deputación de Ourense e a Organización da ICC Week aposta por este tipo de talleres, ofertando estes servizos co nome de ICC Kids a diferentes Concellos da provincia durante as épocas vacacionais. Para ICC Kids, este taller de cinema e animación 3D tivo por obxectivo achegar o cinema aos nenos e nenas máis novas, non como mero produto de consumo, senón como unha arte, unha cultura e un oficio.

É necesario formar espectadores críticos, creativos e capaces de ter un xuízo autónomo, e que tamén os mozos descubran os medios audiovisuais como medio de creación artística e de expresión persoal.

IMG_20180821_121510

O temario que se deu ao longo destas dúas semanas, consistiu en crear un escenario de animación onde as leis da física se poideran  controlar ao antollo dos nenos e nenas, dando vida ás súas propias figuras en 3D, controlando a iluminación, os diferentes encadres e puntos de vista da cámara, todo isto sendo controlado mediante a programación. Para iso usáronse diferentes ferramentas tecnolóxicas como Alice 3.0, Makehuman, Leigo Desinger (sendo todos aplicacións de software libre).