Dende a Limia
01:40 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

COGAMI pídelle aos concellos que cumpran a normativa nas prazas reservadas

O. Ferreiro | 14 de Junio de 2017 (23:23 h.)
Caso extremo do denunciado por COGAMI, afortunadamento non na Limia.
Caso extremo do denunciado por COGAMI, afortunadamento non na Limia.

Nos últimos anos son moitos os concellos que están a acondicionar as prazas de aparcadoiro reservadas a persoas con mobilidade reducida, un dereito e necesidade que dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) aplauden porque "ata o de agora, as que había eran escasas ou mesmo non as había".

Porén, consideran que moitas destas novas prazas reservadas "non se axustan á legalidade porque non compren nin coas dimensións adecuadas, nin coa localización axeitada, nin contan con accesos á beirarrúa que sexan accesibles", afirman.

COGAMI considera que moitas destas novas prazas reservadas "non se axustan á legalidade".

Entre as queixas que chegan ao servizo de información, asesoramento e orientación de COGAMI, cabe destacar prazas que non teñen un tamaño adecuado a todos os vehículos adaptados, prazas accesos ás beirarrúas, co que a persoa ten que desprazarse pola estrada sorteando coches que circulan e estacionados.

MEDIDAS DAS PRAZAS RESERVADAS QUE MARCA A LEI

Ante esta situación, dende COGAMI queren recordarlle aos concellos que existe unha norma legal que se debe cumprir. Son os concellos os que teñen a competencia, a través de ordenanzas municipais, para regular a materia de tráfico e aparcadoiro na súa localidade, polo que entenden que "deben ser estes os que se axusten ás indicacións básicas que as normativas estatal e galega ditan respecto as condicións das mesmas".