Dende a Limia
18:01 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Comunicado do Movemento Ecoloxista da Limia sobre o detido en Xinzo por provocar un lume

O. Ferreiro | 24 de Octubre de 2017 (19:43 h.)

O Movemento Ecoloxista da Limia manifesta que hoxe, o abogado de Miguel A. M. M. presentará recurso ante a Audiencia Provincial contra a orden de prisión que impouxo a xuíza de Xinzo de Limia.

Dende o Movemento Eocloxista da Limia piden que o Sr. Feijóo reconsidere agora en frío o caso de Miguel Martínez "e que sexa liberado canto antes".

A orden de prisión incondicional sen fianza para Miguel A. M. M. foi fulminante, sen que tan siquera a Garda Civil fixera a máis mínima investigacion no lugar do delito para comprobar a gravidade dos feitos. 

"Estamos convencidos de que foi unha decisión xudicial forzada polo goberno do PP para calmar a lóxica indignación da sociedade galega naqueles días", afirman dende o M.E.L.  "Foi escollido como cabeza de turco para por unha cortina de fume que ocultara o fracaso que ano tras ano demostra o plan de "non prevención" e extinción de incendios da Xunta", conclúen.

Agora Miguel vese atrapado polos tempos xudiciais, que poden supoñer semanas ou incluso meses antes de que se celebre o xuízo. Dende o Movemento Ecoloxista da Limia piden, "xa que no seu encarcelamento foi determinante a presión do goberno cara o poder xudicial", que o Sr. Feijóo reconsidere agora en frío o caso de Miguel Martínez "e que sexa liberado canto antes".