Dende a Limia
00:06 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

O Concelleiro de obras e o Alcalde visitan as obras da avd/Ourense

| 29 de Octubre de 2018 (21:08 h.)

A primeira das obras que se acometerán nestas próximas semanas no entorno ao parque do Toural, foron inspeccionadas polo concelleiro de obras Ricardo Sieiro que lle foi indicando ao alcalde Manuel Cabas as melloras que se van facer na primeira das obras da beirarrúa entre a estación de autobuses e o parque do Toural.

Unha das melloras será o empedrado  da baixada para ter mellor acceso peonil a praza do grupo de vivendas. Tamén se levarán a cabo a instalación de árbores ornamentais  para que quede como o outro lado da avd de Ourense.

As obras de mellora do parque en cuanto o cambio das lousas que están estragadas, os bordos e o cambio de firme do parque infantil, esperan comezalas a semana que ven, unha vez a empresa gañadora do contrato presente a documentación solicitada.

En total  o concello investirá un pouco máis de 100.000 €.