lunes 14.10.2019

O concello celebrará o día das Letras Galegas

O venres 17 e o sábado  18

CARTAZ LETRAS GALEGAS 2019

A praza Maior será o escenario para todos os actos que a Concellería de Cultura ten programados tanto para o día 17, día da celebración das Letras Galegas como para o seguinte día 18.

ACTOS DÍA 17

A Feira do libro abrirá os casetas na praza maior, onde as distintas librarías da vila, ás 10:00.

Ás 12:30 haberá a lectura dunha escolma da obra do poeta homenaxeado este ano Antón Fraguas.

A partir das 19:00 haberá unha xuntanza de pandereteiras e alumnado da Escola municipal de gaitas e percusión de Xinzo.

Ás 19:30 comezará o Festival de Bandas de Música “Letras Galegas 2019” coa participación da banda “Santágueda de Coles” e a da Agrupación Musical da Limia.

ACTOS DÍA 18- Sábado

Tamén na praza Maior as 19:00 farase entrega dos premios de narrativa curta organizado polo Concello e da 2ª Semana Carlos Casares promovidos pola Fundación Carlos Casares e mais o Concello.

Os actos deste ano rematarán cun espectáculo musical infantil familiar a cargo da compañía ORADALADOU con Sonsoles Penadique e Carlos Quintá.

CONCERTO DÍA 18 DE MAIOCARTAZ FESTIVAL DE BANDAS