Dende a Limia
00:29 h. Sábado, 18 de Agosto de 2018

A Confederación Miño-Sil realiza unha actividade de difusión do proxecto LIFE Rexenera Lima cos alumnos do IES Cidade de Antioquía de Xinzo

| 03 de Mayo de 2018 (18:37 h.)
225
225

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, realizou unha actividade de difusión das accións B3 e B4 incluídas no proxecto LIFE Rexenera Limia, que supuxeron un investimento de 327.945 €.

Un dos principais obxectivos dos europeos proxectos Life é conseguir participación directa da poboación local na que se desenvolven os proxectos e a sensibilización da sociedade ante a temática dos mesmos.

Por iso, programouse unha actividade de difusión na que participaron os alumnos do IES Cidade de Antioquia de Xinzo de Limia, e a asociación Ecoloxista ADEGA, que forman parte do Grupo de Partes Interesadas do Proxecto LIFE Rexenera Limia.

A actividade consistiu en realizar unha visita cun grupo de 29 alumnos de Ciclo Medio e Superior de Xestión e Conservación do Medio Natural e Xestión Forestal a dúas das actuacións executadas co proxecto LIFE REXENERA LIMIA, Accións B3 E B4, co obxectivo de que os alumnos comprendan a importante función depuradora do propio ecosistema fluvial, e como intervén na redución da contaminación difusa de orixe agrogandeira que sofre a Comarca da Limia.

Pola súa banda ADEGA, a través do Proxecto Ríos, explicoulles en que consisten os labores de vixilancia do estado ecolóxico dos ríos e que poden realizar a cidadanía de forma voluntaria. Para iso, realizáronse dúas mostraxes en dous puntos de diferentes canles Canle de Lagoa de Antela e Río Limia onde os alumnos puideron comprobar o grao de naturalización/ antropización do río e a súa relación directa cos indicadores biolóxicos e hidromorfológicos que son os que determinan a boa ou mala calidade da masa de auga.

Como complemento ás actividades descritas, realizouse a visita á SAIH- SAICA que a CHMS ten en Ponteliñares, co obxectivo de que os alumnos poidan identificar os medios que os Organismos de conca dedican á observación e toma de datos de calidade da auga e hidrolóxicos, que son emitidos via satélite ao Centro de Control de Conca do Organismo _ CECU_ para o seu procesamento e difusión a través da web do Organismo.

ACCIÓNS B3 E B4
A través da Acción B3 executouse o proxecto de recuperación do antigo trazado do río Limia en As Veigas de San Lorenzo en Rairiz de Veiga (Ourense), conectándoo co río Limia a través de dúas obras de drenaxe, provocando que nos meses húmidos a auga circule pola antiga canle e a súa chaira de inundación para que a vexetación de ribeira realice a función de retención e asimile os nutrientes presentes na auga, mellorando así a calidade da auga do río Limia.

Mediante a Acción B4, realizouse a conexión de dúas charcas, en desuso pola explotación arenera, coa Canle da Lagoa de Antela. Para iso construíronse tres obras de paso e instaláronse tres illas flotantes. O obxectivo desta acción é conseguir que a auga recircule polas charcas no período húmido e que se reduza a presenza en nutrientes pola acción de asimilación das raíces das plantas.

Esta acción espérase sexa moi beneficiosa para as aves que habitan nesta ZEPA -Zona de Especial Protección de Aves- da Limia (Ourense).

Na visita á acción B3 os alumnos estiveron acompañados polo presidente do Organismo de conca, Francisco Marín, polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro e polos alcaldes de Xinzo de Limia e de Rairiz de Veiga, Manuel López e Asunción Morgade, respectivamente.