Dende a Limia
06:01 h. Jueves, 26 de Abril de 2018

O conselleiro de Sanidade visitou o centro de Saúde de Xinzo

| 14 de Abril de 2018 (20:13 h.)

O  Conselleiro de Sanidade da Xunta, Vázquez Almuíña, acompañado do Alcalde de Xinzo López Casas, o parlamentario Carlos Gómez, o tenente alcalde Manuel Cabas, e os concelleiros Ricardo Sieiro e Luís Miguel Gil, visitou o centro de saúde de Xinzo de Limia con motivo do premio outorgado polo seu proxecto de “Atención continuada en pacientes oncolóxicos en situación clínica paliativa”. Dito premio foi concedido pola Sociedade Española de Directivos de Atención Primaria debido á iniciativa do centro de coidar a persoas que xa pasaron a coidados paliativos. Cristina Margusiño, coordinadora do centro de saúde, entre outras médicos e enfermeiras, explicaron ao Conselleiro como levan a cabo esta atención continuada e ensináronlle as diferentes salas do centro: pediatría, fisioterapia...

IMG-6289
Vázquez Almuiña non só falou co persoal do centro, senón que tamén se achegou a algúns pacientes predispostos a dar as grazas ou a demandar cousas que lles parecen importantes: “Necesitamos un percheiro na sala”, comentou un señor; “Non creo que iso valla moito pero é importante”.


O persoal do centro asegura traballar duro para levar cabo este proxecto con éxito, pero tamén demandan máis axuda por parte da Consellería

 

MOMENTO PETICIÓNS

FB_IMG_1523644225938No momento das peticións correspondentes o persoal sanitario solicitou do Conselleiro algunhas obras de adecentamento do centro como é unha man de pintura, ademais de desfibriladores, posto que os que están, xa son doutra xeración.

Ademáis  aproveitando que se atopaban as autoridades municipais, tamén solicitaron, con urxencia unhas sinais de prohibido aparcar, posto que moitas das veces, ata a ambulancia de urxencias, ten difícil entrar no PAC.