Martes 18.06.2019

Constituido o Comité da Comunidade educativa Municipal de Xinzo

Aprobou a creación dunha escola Obradoiro de Nais e Pais

Este matres 2 de abril reunironse os membros que formarán parte do Comité da Comunidade Educativa Municipal do Concello de Xinzo.

Entre os seus cometidos, os membros representantes das ANPAS dos centros educativos os concelleiros de Educación e Servicios Sociais, así como técnicos destas concellerías, así como  un representante da Policía Local e o Inspector da zona, acordaron que a función deste órgano sexa a  de asesoramento e a proposición de ideas para mellorar a calidade educativa do alumnado dos distintos centros de Xinzo.

Un dos acordos tomados na reunión constitutiva  foi a periodicidade na que se reunira´n en sesión ordinaria quedando citados una vez ao trimestre, nos meses de setembro, xaneiro e xuño.

Os integrantes do Comité confían en realizar un traballo colaborativo que favoreza o desenvolvemento da comunidade educativa municipal e comezar a traballar na creación dunha Escola Obradoiro para Nais e Pais Municipais na que se trate todo tipo de melloras na educación dos menores do noso concello.