Dende a Limia
23:16 h. Domingo, 24 de Septiembre de 2017

Creemos que o que cambiou foi a vontade política

| 30 de Junio de 2017 (00:36 h.)

Unha vez feita a votación das propostas do goberno e da oposición, si puido tomar a palabra o portavoz dos veciños, agradecendo a todos  que  se pudera expresar naquel lugar, para a continuación dicir que el non ía a botar un discurso, se non que ía reflectir a postura e a indignación de todos os seus veciños.

A planta non e ningunha lotería. O único que cambiou dende o 2014.foi a lei. Agora, como xa se acaba de ver o cambio é que lle colocaron o morto a vostedes, tamén creemos que o que cambiou foi a vontade política, quizás pola cercanía dunhas eleccións naquel momento, e nese momento é cando todos os políticos, e me refiro a todos os partidos políticos, veñen as aldeas a contarnos as súas promesas , que por certo algunhas non se cumpriron. O único que non se cambiou é que a planta segue a ser o mesmo de contaminante que fai  3 anos.

Podemos estar de acordo en que o que fixeron tanto o grupo de goberno como a alcaldía foi un acto legal e regrado.No noso parecer queremos distinguir entre actos legais e actos lícitos. Acto lícito sería o consultar cos veciños cando teñen eses informes positivos, e falar cos veciños, e non facelo solo cando son eleccións. Neses momentos alegan que son representantes do pobo e somos nos os que …

Acto lícito, debería ser todos, equipo de goberno e oposición, e pasarse un día polas aldeas e dicir que iso estaba en trámite. O noso parecer segue sendo o mesmo, nos non queremos a planta.

Tanto o equipo de goberno como os da oposición deberían habernos avisado cando souberon que este tema seguía adiante.

Solo veñen, uns e outros cando hai eleccións.