Dende a Limia
18:00 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Deputadas do BNG visitaron Baños de Molgas para avaliar os danos causados polos lumes

O. Ferreiro | 24 de Octubre de 2017 (19:24 h.)
Os deputados e deputadas do BNG co alcalde de Baños de Molgas nun lugar afectado polos lumes.
Os deputados e deputadas do BNG co alcalde de Baños de Molgas nun lugar afectado polos lumes.

As deputadas do BNG, Noa Presas e Olalla Rodil xunto aos deputados, Xosé Luís Rivas e Luís Bará visitaran onte, ao longo do día, as alcaldías dos concellos do BNG afectados pola última vaga de lumes e avaliaron cos gobernos municipais a súa xestión así como as propostas de actuación para o futuro.

Entre os concellos visitados estiveron Baños de Molgas, A Mezquita e Viana do Bolo. 

Entre os concellos visitados estiveron Baños de Molgas, A Mezquita e Viana do Bolo. No oriente ourensán avaliaron tamén a crise xerada pola continua seca. 

Ante os medios de comunicación, a parlamentaria por Ourense, Noa Presas, manifestou que o Presidente da Xunta "débelle unha desculpa aos alcaldes do BNG" tras afirmar que foron cómplices da vaga de lumes. No caso concreto do concello de Baños de Molgas dixo, "o noso alcalde leva máis dun ano agardando ser recibido por Feijóo" para falar, entre outras cuestións, da motobomba que precisa esta localidade.

Ninguén da administración pública mostrou interese por avaliar os danos do concello de Baños de Molgas.

Ademais, lembrou que a día de hoxe, ninguén da administración pública mostrou interese por avaliar os danos do concello, sobre todo no monte máis afectado de pastoreo e cun importante patrimonio arqueolóxico que conserva "numerosos petróglifos e mámoas" e que forma parte dunha ruta planificada para a súa divulgación e posta en valor da zona.