miércoles 21.08.2019

O día 15 de xuño Xinzo terá a primeira alcaldesa da súa historia

Elvira Lama conta co apoio das tres forzas que conseguiron 1 concelleiro cada unha

Montse Lama
Montse Lama

Elvira Lama, se nada se torce, e parece que non vai a ser, será proclamada alcaldesa de Xinzo, co apoio hasta estes momentos de 6 dos 13 concelleiros que conforman a nova corporación de Xinzo. Dúas formacións xa manifestaron en público durante toda a campaña o seu apoio a lista máis votada e a outra xa llo manifestou nestas horas nunha conversa telefónica.

NOS TEMOS AS MANS ABERTAS A TÓDOLOS PARTIDOS QUE QUEIRAN BOTAR DA ALCALDÍA AO PP

Aínda que non puido ter reunións nin falar con todos os portavoces das outras formación políticas saídas das furnas o día 26, Elvira Lama, xa recibiu o apoio das tres formacións que suman 3 concelleiros máis os seus 3 darían unha maioría para poder gobernar, posto que nese caso o PP solo contaría cos seus 5 concelleiros que quedarían en minoría. Non obstante aínda que nestes dous días non se puxo en contacto coa formación Áxil, por motivos persoais, pensa nas vindeiras horas pórse  en contacto con Amador Díaz, para falar de apoios a súa candidatura.  Outro membro destacado da candidatura de Elvira Lama manifestou que eles intentarán que no próximo goberno estean todos os partidos a excepción loxicamente do PP.

AMADOR DÍAZ ESTA ESPERANDO A CHAMADA DE ELVIRA

Horas antes mantiveron unha reunión o equipo de campaña da formación Áxil na que se informou ao grupo que eles aínda non recibirán ningunha chamada por parte de Elvira Lama, que entenden que é ela a que ten que dirixirse a súa formación por ser a que máis concelleiros ten despois do PP. Pero a vez sigue manifestando que a súa formación, nin apoiará o PP, nin se deixará apoiar, aínda que o seu apoio a lista do PSdG-PSOE, non será de balde.