Dende a Limia
20:43 h. Miércoles, 17 de Octubre de 2018

O Día de Galicia en Xinzo comeza hoxe 24

| 24 de Julio de 2018 (17:44 h.)

Hoxe  24 e mañá  25 de xullo, Xinzo celebra o Día de Galicia con música para todas as idades. A celebración comeza á víspera do día oficial, o martes 24 a noite, coa actuación Andrea Pousa ás 22:30h na Praza Carlos Casares, que nos trae o seu espectáculo En verso, En cantar.

IMG-20180723-WA0006

 

O mércores, o día oficial, comezará coa actuación de Luis Vadecillo e a súa banda, un espectáculo musical infantil e familiar que terá lugar na Praza de San Roque as 19:00h. Forma parte do programa Cultura no Camiño. Despois, as 20:00h haberá un  acto institucional na Praza Maior, acompañado pola Agrupación Musical da Limia.

IMG-20180723-WA0004