Dende a Limia
04:12 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

| 17 de Noviembre de 2017 (20:41 h.)

O día 25 de novembro celebrase o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, pero os actos programados dende o Concello coa colaboración este ano da Cruz Vermella e o C.D.R. O Viso comezarán o luns día 20.

A coordinación dende está a cargo do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Xinzo e irá percorrendo tódolos centros educativos da Vila, para rematar na Praza Maior  o propio día 25 a partires das 10:00 cunha mesa de información e  sensibilización.

A partir das 12:00 darase lectura a un manifesto e pola tarde as 16:00 celebrarase un partido de futbol, do que xa demos información no noso medio.

Rematarán as celebracións as 19:30 coa representación  dunha obra teatral  de tan so 15 minutos de duración  “Angustia Fabricada”  interpretada por Carla Fenández e Aarón Gallego.

ACTOS NOS CENTROS EDUCATIVOS

544Nos centros de primaria os actos  levaranse a cabo os días 20,21,22 e 23 e o 24 nos de secundaria. Os conceptos a traballar polo alumnado serán os relativos a a coeducación, igualdade e prevención da violencia.

Así mesmo os días 22 e 23 impartiranse dous obradoiros “ Educando dende a igualdade de xénero” na aula Cemit da Casa de Cultura  e o segundo na academia Zero.

As inscricións a estes talleres realizarase  no CIM de Xinzo.