Dende a Limia
18:29 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

Díaz Mouteira presidiu hoxe a comisión de coordinación contra os lumes

O. Ferreiro | 29 de Junio de 2017 (22:24 h.)
Díaz Mouteira (á esquerda) presidindo a xuntanza.
Díaz Mouteira (á esquerda) presidindo a xuntanza.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais para a campaña deste ano, que estará operativa dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios.

No encontro tamén se fixo balance dos incendios rexistrados na última campaña.

O obxectivo da xuntanza, na que tamén participou o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, responsables da Policía Autonómica e Nacional e da Garda Civil, e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, foi coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria. No encontro tamén se fixo balance dos incendios rexistrados na última campaña. Todos os participantes na reunión celebrada esta mañá coincidiron en sinalar a importancia da campaña que arranca o sábado, día 1 de xullo.

290617 comisión incendios