Dende a Limia
15:06 h. Martes, 17 de Octubre de 2017

Este domingo celébrase o San Sebastián máis festeiro da historia

O. Ferreiro | 18 de Enero de 2017 (21:45 h.)
Programación do San Sebastián 2017.
Programación do San Sebastián 2017.

Este domingo, día 22 de xaneiro, Xinzo de Limia celebra as festas do seu patrón San Sebastián. Segundo veñen de informar dende a Concellería de Festexos, a diferenza doutros anos, nesta ocasión organízase un día completo de festa con charanga e orquestras, a maiores dos tradicionais actos relixiosos de das celebracións do Día da Policía Local.

A Asociación LIMISI-Diversidade Funcional aproveitará a coxuntura para montar un posto de venda de productos co obxectivo de recadar fondos para financiar a súa labor.