Dende a Limia
19:35 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

Dúas tormentas nunha mesma tarde

| 07 de Julio de 2017 (21:41 h.)
291
291

En catro horas da tarde do venres Xinzo sufriu o paso de dúas tormentas no espazo de tres horas.

290Xa se secaran as rúas e todo o mundo pensaba que por hoxe a cousa xa estaba cando comezou a segunda tormenta con raios, tronos e unha intensa chuvia que volveu anegar por segunda vez na mesma tarde algunhas rúas de Xinzo.

Ademais da chuvia foi tamén  moi forte o aparato eléctrico. Hai veciños que aseguran que un dos raios caeu na casa consistorial.

Non houbo mais danos, que se saiba, que o asolagamento de certas rúas, coas consecuencias para algúns baixos de vivendas, nada que non sexa habitual, cando cae unha tromba de auga na vila.