Martes 18.06.2019

Entrega de diplomas aos participantes da master class de trompeta

Foi impartido polo músico Esteban Batallán

Na tarde do venres, nos locais da Asociación Musical da Limia fóronlle entregados os diplomas de participación coa cualificación de aproveitamento os diplomas a 11 alumnos e alumnas da escola, na especialidade de trompeta,  pola asistencia ao curso intensivo impartido polo excepcional trompetista    natural de Barro (Pontevedra)  Esteban Batallán .Facía solo 2 días que se baixou do avión que o trouxo dunha xira coa Hong Kong Philharmonic , da cal é trompetista principal por oposición.

IMG_20190222_173844_1

Unha vez máis o director da escola  José L. Tielas agradeceu a presenza do alcalde Manuel Cabas, do e concelleiro de cultura Carlos Gómez, así como do presidente da asociación  Jaime Collazo,  no acto de entrega. Nas verbas ao final do curso felicitou aos alumnos polo seu aproveitamento e tamén por poder  contar a súa idade, dende os 8 aos 15 anos coa posibilidade de asistir a un curso maxistral impartido polo que non dubidou en dicilo “un dos mellores trompetistas do mundo”, Unha vez máis volveu a facer fincapé Jose L. Tielas en que , estas oportunidades antes non se tiñan, pero non dubida en manifestar que este é o camiño que ten que seguir a escola.

Unha vez finalizado o acto o “profesor” continuou coas clases, non sen antes fotografarse con todos os alumnos dunha maneira moi “tenística”, mordendo os trofeos, que para eles é o seu instrumento, a trompeta.

IMG_20190222_173224