domingo 22.09.2019

O ESQUECEMENTO 2019 PRESENTOUSE ESTA MAÑÁ

Solicitarase a declaración de festa de interese turístico galego para a edición do ano que ven
Presentación esquecemento 2019
Presentación esquecemento 2019

Elvira Lama estivo acompañada esta mañá na comparecencia ante os medios de comunicación polo Concelleiro de Cultura Ramiro Rodríguez e o Pte. de Civitas Limicorum Iván Prado.

Comezou por recordar que esta festa comezou no  ano 2000 da man de Civitas Limicorum, sendo neste momento unha das festas máis importantes do Concello de Xinzo, despois do Entroido e Sta. Mariña.

Este ano participarán  arredor de 800 persoas directamente no campamento ou sendo compoñentes das moitas actividades que compoñen o amplo programa.

Nesta festa o Concello colabora activamente coa  achega de persoal e medios humanos ata económicos, dende as distintas áreas e concellerías.

Continuou Elvira Lama agradecendo as colaboracións de outras administracións, Deputación e Xunta, así como da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, coa limpeza do río por onde vai a realizarse o cruzamento do Limia ou Lethes o vindeiro domingo.

Anunciou a alcaldesa que dende a asociación Civitas Limicorum solicitouse ao novo equipo de goberno o apoio para que a festa sexa declarada de interese turístico galego. Dende este equipo de goberno que presido, vanse a levar a cabo as accións pertinentes para que a festa acade esta distinción.

Para finalizar convidou a todos os veciños e veciñas a que participen na festa así como aos visitantes que se acheguen ata a nosa vila.

O ESQUECEMENTO XA PODERÍA SER A SEGUNDA FESTA DO CONCELLO, DESPOIS DO ENTROIDO

Ramiro Rodríguez, despois de remarcar todo o que xa dixera Elvira quixo apuntar que so mirando  o programa tan extenso desta edición, o ESQUECEMENTO, xa podería ser a segunda festa en importancia, despois do ENTROIDO.

O compromiso que temos é importante, fixemos un gran esforzo económico e  organizativo para poñer a disposición da organización todos aqueles medios que nos solicitaron, tendo en conta a situación económica na que se atopa o Concello.

Agardamos o crecemento en público e estudaremos a proposta de declaración de festa de Interese Turístico Galego, como non podería ser doutra maneira, para que siga medrando e da mesma maneira que o Entroido poida ser declarada progresivamente de interese nacional.

ACTIVIDADES DENDE AS 11 DA MAÑÁ ATA PASADA A MEDIA NOITE

Temos claro, que para que o ESQUECEMENTO medre, as rúas de Xinzo teñen que ter xente durante todo o día

Iván Prado, portavoz da asociación encargada da organización tomou a palabra para incidir sobre o aumento na programación do ESQUECEMENTO   2019, pero antes quixo IMG_20190819_120458agradecer a colaboración prestada, primeiro polo Concello e despois pola Deputación Provincial e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Destacou principalmente a aposta decidida  polos concertos, haberá un cada día, co custe económico que isto supón para a organización da festa. Temos un incremento de 10 postos no mercado de artesanía con 40 postos, estritamente artesanais.
Temos claro, que para que o ESQUECEMENTO medre, as rúas de Xinzo teñen que ter xente durante todo o día. Para elo temos unha programación continua e  ampla, dende as 11 horas ata a 11:45, Creemos que hai días nos que non temos  máis de media hora de parón ao longo de toda a programación das actividades programadas. Haberá concertos, xogos infantís e outras de entretemento para todo o público en xeral. Esta é a única maneira, tendo cheas as rúas, que tanto o Concello como as outras administracións e mesmo o comercio local sigan apoiando a asociación.
Auméntanse os protocolos de seguridade, así como a propia seguridade no  recinto, ao que a partir dás 12 da noite, o acceso ao mesmo por parte do  público, terá un custe de 5 €. Por primeira vez o campamento terá un posto da Cruz Vermella, dentro do propio recinto.
Interveu finalmente outra vez o concelleiro de Cultura para desculpar a non presenza do representante da Deputación e do Parlamentario galego Carlos Gómez, por problemas de axenda, estando invitados para estar no acto.