Dende a Limia
05:01 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Exitosa I Xornada Técnica da Pataca en Xinzo de Limia

O. Ferreiro | 22 de Febrero de 2018 (23:41 h.)
Un momento da xornada con todos os asistentes.
Un momento da xornada con todos os asistentes.

Este xoves, tal e como anunciaramos no dendealimia.com, tivo lugar no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia, a I Xornada Técnica da Pataca. Nela os asistentes puideron desfrutar da interveción de Don Fernando Alonso, Director do Centro de Control de Patata de Castilla y León. 

79

A intervención de Alonso tratou sobre a situación do Epitrix en España e na comarca da Limia. Así mesmo ofreceu solucións para detectar e controlar a existencia da praga. Tamén se falou de outro tipo de fisiopatías que afectaban á pranta da pataca, así como fungos e outras bacterias.

No evento tratouse, ademáis, a xestión dos residuos xerados polos envases fitosanitarios, sobre como xestionalos e separalos adecuadamente. O técnico agricola Alberto Rebollo comentou sobre a situación do solo da Limia e como resolver as súas carencias para a produción da pataca.

83

Servando, o Director do Centro Agrogandeiro do Inorde, mostrou como detectar os nemátodos nas analíticas que realizan en dito centro e mostroulles aos agricultores como son os quistes do mesmo. E dende Agrícola Suárez mostraron os últimos modelos de máquinas de aboado e os principios de calibrado nas máquinas aplicadoras de fitosanitarios.

82

Fitoagraria organizou o evento en colaboración co Concello de Xinzo de Limia, o Inorde, Timac agro, Agrícola Suárez e Sigfito. Este evento tiña como obxectivo facerlle chegar ao agricultor a situación actual da agricultura e poder abordar calquera circunstancia que se lle presente da maneira máis eficaz.