Dende a Limia
23:43 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Exposición de fotografía “A MEMORIA ASOLAGADA”

| 07 de Agosto de 2018 (11:23 h.)

Coíncidindo co 60º aniversario do comezo dos traballos do desecamento da Lagoa da Antela, o Museo da Limia, en colaboración co Centro de Cultura Popular do Limia e co portal web Vía Lethes, impulsará diversos actos, consistentes en exposicións, debates, conversas na taberna, artigos de opinión, etc, encamiñados a reflexionar arredor dunha ocorrencia dos gobernos franquistas, que decidiron no seu día desecar o maior lago de auga doce da península ibérica, destruíndo un patrimonio singular e causándolle daños irreparabéis ao ecosistema da comarca limiá, perxudicando notabelmente este territorio galego, tanto no ámbito das súas potencialidades agro-gandeiras, como nas paisaxísticas, antropolóxicas, turísticas, mediambientais, etc, ata o extremo de crebar e frear en seco unhas excelentes posibilidades dun desenvolvemento económico substentábel.

A exposición está organizada polo Museo da Limia, patrocinada polo Concello de Vilar de Santos, o portal web Via Lethes e Cadernos Culturais da Limia. Está patrocinada polo Concello de Vilar de Santos e a Diputación Provincial.