Dende a Limia
05:26 h. Lunes, 28 de Mayo de 2018

Feijóo recibe ao alcalde de Xinzo en Monte Pío

O. Ferreiro | 23 de Enero de 2018 (20:59 h.)
O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, xunto co presidente da Xunta, Núñez Feijóo, nunha imaxe de arquivo | Imaxe de Xoán Crespo
O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, xunto co presidente da Xunta, Núñez Feijóo, nunha imaxe de arquivo | Imaxe de Xoán Crespo

Na tarde de onte, luns 23 de xaneiro, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu ao alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, na súa residencia oficial en Monte Pío. 

Abordaron a mellora do alumeado na Avenida de Portugal, a mellora do Grupo San Sebastián e o acondicionamento como paso peonil da marxe esquerda do río Limia.

Os principais temas e proxectos que se trataron nesa reunión xiraron, sobre todo, en torno a infraestruturas no municipio limián. Comentaron acerca do "inmediato acondicionamento da Avenida de Celanova", da circunvalación para evitar o transporte pesado no centro da vila, sobre a posible mellora do Campo da feira e da zona da báscula en Rosalía de Castro.

Así mesmo, tamén abordaron a mellora do alumeado na Avenida de Portugal, a mellora do Grupo San Sebastián, o acondicionamento como paso peonil da marxe esquerda do río Limia e a mellora da marxe dereita, a compra de material público de limpeza, o acondicionamento e mellora da Casa da Cultura, o alumeado do campo de fútbol José Antonio Fernández Carrera, o paseo peonil e de bici dende a vila ata as instalacións da Moreira, a mellora da pista de atletismoe a creación dun novo polideportivo anexo ao Pavillón Municipal para dar cabida ao aumento da oferta deportiva.

Para rematar, e segundo puido trascender, o rexedor limián convidou a Núñez Feijóo ao noso Entroido.