Dende a Limia
22:01 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

FREIXENET TRASLÁDASE A LIMIA

| 28 de Diciembre de 2017 (01:16 h.)

A empresa  vitivinícola Freixenet trasladará a súa planta dende a localidade catalá de San Sadurní de Noya a Xinzo de Limia. O alarmante boicot que está sufrindo nestes últimos meses dos consumidores españoles, por causa do “proces” , é o motivo do cambio da productora de espumosos. Os resultados electorais do día 21 de decembro, tamén apuraron as negociacións para a súa nova ubicación . A compra do 50,75% das acción de Freixenet pola compañía vinícola alemana Hen Kell, filial do xigante Dr. Oetcker, xogou moito a favor do traslado.

 

el-equipo-de-gimnasia-ritmica-protagonistas-del-anuncio-de-freixenet-con-sus-medallasEstímase que a actividade do novo emprazamento comence, pasado o entroido do 2.019. Xa que se prevé que as obras duren algo máis dun ano. Cas novas instalacións a planta duplicará o seu tamaño. Os responsables da compañía tamén esperan que o seu deseño contribuirá á mellora da productividade.

A planta de San Sadurní conta con aproximadamente 2000 traballadores que non perderan o seu emprego, se non que serán trasladados a nova sede. Ademáis prevese que cando a fábrica funcione a pleno rendimento, precise aproximadamente 3.000 empregados, polo que se crearía un gran número de postos de traballo.

 

Outra das claves do traslado da planta de Freixenet e a súa ubicación estratéxica . Tanto pola proximidade da A-52 como pola centralidade xeográfica con respeto ás cinco denominacións de orixe galega: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras.

 

A Rúa opina

631

Asociación de perruquerías e centros de beleza da Limia.Moi satisfeitas pola nova. Intuimos tamén unha gran dinamización para o noso sector. Seguramente se realicen cada ano un casting na Limia para elixir ás mozas que, disfrazadas con traxes dourados e simulando burbullas de cava, fagan o anuncio publicitario cada Nadal.

 

ADEGAL (Asociación Gandeiros e Agricultores da Limia) Noraboa á comarca. Hai vida máis ala da pataca. Abriremos a Vidrieira, potenciaremos a plantación de sobreiras na zona de Sarreaus e a plantación de cepas da variedade macabeo dende Paredes ata Nocedo.

 

AMPA ROSALIA DE CASTRO

rosalia

Moi boa nova para a comarca . Témome que agora haberá rivalidad co Carlos Casares para elixir o “ neno Freixenet cada Nadal”

 

DISTRIBUCIÓNS CERREDELO . “Esta nova vai supor un antes e un despois na Limia. Cóllenos en mal momento porque acabamos de mercar un tráiler de sacacorchos, e unha vez aberta a planta vainos ser complicado vendelos”.

 

Pro Limia

ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DA LIMIA. “ Noraboa Xinzo!!! . Xa propuxemos a creación dunha rotonda na A-52 fai uns meses. Ca chegada de Freixenet xa a vemos unha realidade”

 

ARCIPRESTADEGO DA LIMIA. “ Freixenet estará connosco e estamos alegres. A partir do 2019 , e próximos xa a clausura do Sínodo Diocesán, propoñeremos a sustitución do moscatel de toda a vida por un viño máis espumoso”.

 

CUARTEL DA GARDA CIVIL DE XINZO DE LIMIA.- “Noraboa ós que fixeron posible esta gran operación. Comprometémonos a non facer outro control de alcoholemia ata que peche a fábrica vitivinícola.

 

Manuel Cabas

MANUEL CAVAS . (Concelleiro de Medio Ambiente, e procedente de Cataluña) “ Que ledicia…. A partir de hoxe en vez de chamarme Cavas, chamádeme Freixenet”

 

Sarreaus 2CONCELLO DE SARREAUS. “Non collemos en nós de contentos. Parte da ubicación da fábrica colle terreos  do noso concello. Para celebralo xa lle propuxemos ós vecinos de Sarreaus e ó seu párroco cambiar o nome da parroquia. Queremos que pase a chamarse S. Salvador de Riofreixe.net.