Dende a Limia
19:31 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Futbol de seleccións provinciais en Xinzo

| 29 de Marzo de 2018 (10:42 h.)
Ourense1
Ourense1

O martes 27 de marzo mais de trescentos futboleiros e futboleiras  disputaron , nos campos da Moreira,  a  segunda fase do Campionato Galego das Seleccións Comarcais sub-15, categorías masculina e feminina.

O evento celebrouse dás 10:00 ás 20:00. O fin da xornada de competicións sairon as catro seleccións que pasarán a fase final do campionato galego.

fútbol femenino Xinzo

Catro seleccións comarcais xogaranse a final nas categorías masculina e feminina.

Categoría Masculina

A Coruña, Pontevedra, Santiago e Lugo erixíronse  finalistas na categoría masculina. A selección coruñesa conseguiu a clasificación cun pleno de vitorias nos seus catro partidos. Por outra parte, Pontevedra e Santiago  sumaron unha vitoria e un empate cada unha, clasificándose no segundo e terceiro posto.

A última praza, Ourense-Ferrol, estivo disputada ata o último partido da xornada. Nesta fase decidíase o pase á fase final entre os ourensáns e a selección de Lugo, que ocupaba provisionalmente a cuarta praza. A vitoria de Ferrol por 1-4 deulle a clasificación aos lugueses.  

 

Categoría feminina

IMG_20180328_180808Na categoría feminina, Vigo, A Coruña, Santiago e Ferrol loitarán por facerse co título de campioas comarcais 2017-2018. Os combinados de Vigo e A Coruña sumaron dez puntos cada un, gañando tres partidos nas dúas fases preliminares e empatando sen goles o partido que enfrontou a ambalasdúas.

O último partido da tarde disputouse entre Santiago e Ourense e resultou decisivo no cadro feminino: as dúas seleccións optaban a unha última praza na fase final, que foi finalmente para as santiaguesas ao gañar  por 0-2.