Dende a Limia
05:20 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

A Garda Civil detén a un brigadista como suposto autor de seis incendios forestais no Xurés.

| 09 de Octubre de 2017 (17:58 h.)

A “Operación Lumex”, péchase coa detención dun membro da Brigada Municipal de Extinción de Incendios do Concello de Lobios.

A Garda Civil, grazas a unha ardua investigación, a colaboración cidadá,  puido identificar e deter ao suposto pirómano.

            Por mor dos incendios forestais ocorridos na Comarca da Baixa Limia durante os meses de verán, a Garda Civil  puxo  en marcha  a “Operación Lumex”.  Tras realizar varias Inspeccións Técnico-oculares púidose comprobar que os incendios forestais foran provocados, atopándose os focos de inicio estratexicamente distribuídos e coincidindo con ladeiras de forte pendente co fin de que as chamas propagásense o máis rápido posible.

459 Toda a investigación realizada,  xunto co testemuño dalgúns veciños; é o que levou aos axentes da Garda Civil, ás primeiras pistas sobre a posible autoría do suceso, e despois de realizar varias investigacións hoxe día 9 de outubro  foi detido M.G.F. nacido en Lobios (Ourense), de 21 anos de idade e veciño de Puxedo (Lobios), como presunto autor de seis  delitos de incendio forestal.

O citado detido traballaba como membro da Brigada Municipal do Concello de Lobios e utilizaba o itinerario desde o seu domicilio ata a base da brigada para plantar lume, todos os incendios producíanse a escasos minutos do comezo da súa xornada laboral, polo que cando o Distrito de Extinción de Incendios detectaba o inicio do mesmo, este xa se atopaba traballando, polo que en ocasións o mesmo era desprazado a apagar o incendio que provocara.

Cabe resaltar a importancia destes feitos, xa que nalgúns incendios as chamas chegaron a pouco máis de cen metros de vivendas próximas como o acontecido en Silvares de Grou termino municipal de Lobios o pasado 22 de agosto, non producíndose danos maiores grazas á rápida extinción dos mesmos.

A Garda Civil detén a un brigadista como suposto autor de seis incendios forestais no Xurés.