Dende a Limia
18:00 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

A Garda Civil detén a unha veciña de Cualedro tras unha persecución de 20 km

O. Ferreiro | 26 de Octubre de 2017 (22:34 h.)
Imaxe dun Garda Civil.
Imaxe dun Garda Civil.

A Garda Civil de Tráfico de Verín, en colaboración con axentes do cuartel de Cualedro, detivo –ás 12:00 horas de onte– a N.C.C, veciña de Vilela (Cualedro), como presunta autora dos delitos de desobediencia a axentes da autoridade, condución temeraria e condución un vehículo con perda de vixencia de permiso de condución.    

A detida deuse á fuga durante 20 km.  

Os axentes, dentro da campaña de vixilancia de vías convencionais, déronlle o alto á detida e esta fixo caso omiso dándose á fuga durante 20 km ata chegar ao seu domicilio. Alí foi interceptada polos axentes, que tras facer varias comprobacións e realizar un control de detección de drogas e alcol comprobaron que deu positivo en cannabis.