Dende a Limia
03:56 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

O grupo de goberno de Xinzo aprende a implementar a administración electrónica

O. Ferreiro | 25 de Mayo de 2017 (23:08 h.)
Os concelleiros atendendo en clase.
Os concelleiros atendendo en clase.

Hoxe os nosos concelleiros volveron ao cole. Recibiron formación dunha empresa para cumprir cun dos obxectivos que estipula a Lei 3940/2015 de Administración Electrónica e Procedementos Elctrónicos das Entidades Locais. Este texto lexislativo obriga a implementar un sistema de xestión documental para xestionar todos os documentos do concello de maneira dixital, deixando de existir o papel nas cuestións burocráticas da administración.

IMG_5377

Mesmo as sinaturas terán que ser dixitais, e os edís do municipio teranse que adaptar a esta nova realidade antes do 2018, momento no que o papel desaparecerá en maior medida das xestións administrativas. "Elimínase definitivamente o papel", afirma un dos responsábeis que xa está comezando a adaptación na capital da Limia.

"Os concelleiros están aprendendo a asinar e tomar decisións a través do novo programa, que é obrigatorio por lei", afirma. O obxectivo é que coñezan a plataforma, que estará na nube. A ferramenta recibe o nome de Gestiona e está a ser implementada en moitos concellos galegos pola empresa Auloce. 

IMG_5379

Tamén os cidadáns poderán realizar os seus trámites administrativos dende a casa.

Tamén os cidadáns poderán realizar os seus trámites administrativos dende a casa a través da sede electrónica do concello. Mais para chegar a iso é preciso dixitalizar toda a documentación do municipio. E niso estiveron uns técnicos esta mañá na casa consistorial.

O sistema estará implantado en máis dun 90% en pouco máis dun mes. "É unha transición complexa, pois pasar do papel ao dixital a todos nos pode chegar a costar", comenta unha das técnicas que implanta o procedemento. Isto é máis complexo e lento tendo en conta o envellecemento da poboación do Concello de Xinzo de Limia. Xa que logo, nun primeiro momento será opcional –non obrigatorio– para os cidadáns.