miércoles 23.10.2019

Guntimil, Rebordechá, Parada ou San Pedro serán as próximas paradas do “Percorrido pola saúde da zona rural da Limia”

A Escola de Saúde da comarca iniciou a súa viaxe por cuarto ano consecutivo na aldea de Morgade  REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O “Percorrido...
morgade 2
morgade 2

A Escola de Saúde da comarca iniciou a súa viaxe por cuarto ano consecutivo na aldea de Morgade

 REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

O “Percorrido pola saúde da zona rural da Limia” iniciou no lugar de Morgade a súa andadura por cuarto ano consecutivo “divulgando consellos prácticos de hábitos saudables e educando en prácticas cotiás que melloran a calidade de vida”. Esta iniciativa da Escola Rural de Saúde da Limia ten como finalidade segundo nos explicou a súa coordinadora, Lola Rico “o achegamento aos profesionais sociosanitarios e a promoción da saúde descentralizando así as actividades que a Asociación ven realizando”. Despois de Morgade esta acción continuará en Guntimil, Rebordechá, Parada e San Pedro.

 Pero desta volta este percorrido comezou en Morgade, onde se impartiu o talle de “Alimentación e enfermidades”, que se dividiu en dúas xornadas nas que se abordou a importancia da alimentación e a prevención de enfermidades crónicas. Dirixiron este obradoiro farmacéuticos especialistas en nutrición como Yolanda Gómez  e Pablo García Vivanco, ademais da titulada en enfermería Sonia Rodríguez Joga os que da man de Lola Rico están realizando esta labor altruísta na comarca. Unha labor que é posible grazas á colaboración do Concello de Xinzo, ás entidades sanitarias públicas e privadas  e a moitos colaboradores, cuxo apoio queren agradecer desde a Asociación por axudarlle a dar atención á poboación que vive na zona rural.

Comentarios