Dende a Limia
09:59 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

Haberá patacas da Limia na Semana Verde de Silleda

O. Ferreiro | 04 de Junio de 2017 (20:37 h.)
Imaxe do Salón Alimentario do Atlántico na pasada edición.
Imaxe do Salón Alimentario do Atlántico na pasada edición.

A maior feira de mostras e lecer do noroeste –a Semana Verde de Silleda– cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial.

A Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia estará presente nesta importante cita que se celebrará entre os días 8 e 11 de xuño. Concretamente os técnicos do Consello Regulador promocionarán a pataca galega dentro da 21ª Edición do Salón Alimentario do Atlántico, inserido dentro da Semana Verde –que patrocina Abanca–.