miércoles 13.11.2019

Un hacker deixa sin 90.000 € a asociación de pataqueiros da Limia

90.000 € que teñen que esperar a semana que ven, con sorte

Amador Díaz e a interventora no pleno do martes
Amador Díaz e a interventora no pleno do martes

Toda a semana pasada a Asociación de produtores de pataca da Limia, tiña que recibir 90.000 € procedentes dunha subvención da Deputación para pagar a compra dunha máquina.

Segundo declarou a dendealimia.com  o seu presidente e Tenente de Alcalde do Concello de Xinzo Amador Díaz, os cartos non chegaban, aínda que a interventora da Deputación e do Concello lle afirmou que este luns pasado  xa tiñan que estar os cartos ingresados. Luns, nada, e martes tampouco. No mesmo pleno celebrado pola corporación a preguntas do propio Amador a interventora afirma que a transferencia xa se fixera.

OS CARTOS COBRADOS EN LAS PALMAS

IMG_9196Cando se deron conta que os cartos si sairán da Deputación pero non estaban chegando a conta que tiñan que estar, comezaron unha investigación que deu como resultado que os cartos apareceron nunha conta dun particular en Las Palmas de Gran Canaria. A Garda Civil nunha actuación express, detivo ao “hacker” e bloqueou a conta, podendo segundo fontes se puideron recuperar, se non todos unha gran cantidade.

A interventora xa se puxo en comunicación co presidente da asociación para comunicarlle que a semana que ven estará solucionado o problema e o provedor da máquina poderá cobrar a factura.

Un hacker deixa sin 90.000 € a asociación de pataqueiros da Limia