Dende a Limia
00:57 h. Domingo, 20 de Agosto de 2017

O Instituto Galego de Estatística realizará unha enquisa en Xinzo

O. Ferreiro | 28 de Mayo de 2017 (22:59 h.)

Segundo informa o Concello de Xinzo nun bando da alcaldía recentemento pendurado, o Instituto Galego de Estatística realizará unha "Enquisa estrutural a fogares" entre os días 29 de maio e 18 de xuño. 

Realizarase en cumprimento do Plan Galego de Estatística 2017-2021 e, segundo a lei, é obrigatorio facilitar os datos que sexan requeridos. Así mesmo, infórmase de que a información que o organismo público solicitará ás familias limiás é estritamente confidencial e está protexida polo segredo estatístico.