Sábado 16.02.2019

Interesante xornada técnica da IXP. Pataca da Limia

Os asistentes valoraron positivamente todas as novas das charlas dos técnicos

Dende primeira hora da mañá medio cento de produtores de pataca se reuniron para asistir as charlas programadas dende a IXP. Pataca da Limia para durante todo o día escoitar aos técnicos sobre os distintos apartados que se tocaban na xornada.

Usos e almacenamento dos abonos

IMG_20190118_140822Esta foi a mesa redonda que máis expectativa tiña a carón dos últimos acontecementos no sector e sobre todo por mor de ver a maneira que teñen os agricultores produtores de pataca e de cereal para non ter que pagar multas  por parte da confederación hidrográfica polo que eles chaman “almacenamento” de abono , e que os agricultores non entenden como tal.

Nesta sesión os participantes saíron un pouco confusos posto que as normativas son tantas e dende distintas administración, que neste momento non saben ben por onde poden ir, sobre todo para acabar coa “tradición” de levalo facendo da mesma maneira toda a vida,aínda que todos entenden que estas prácticas teñen que desaparecer.

Non existía na consellería, ningún servizo específico que levara o peso da xestión que necesitaba o sector de calidade agroalimentario.

A clausura da xornada técnica estivo o Director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL),Manuel Rodríguez Vázquez,   quen comezouexculpando ao Conselleiro por non poder asistir a clausura, como quería e  dicindo que xa era hora de que existira na Consellería de Medio Rural un organismo que aglutinara baixo o seu paraugas todo o relacionado coa calidade diferencial nos sectores primarios e secundarios.

En Galicia hai 36 selos de calidade contando agricultura ecolóxica. Somos a terceira comunidade autónoma con tantos selos de calidade, despois de Andalucía e Cataluña, moi lonxe deles en superficie e en habitantes.

Os 36 selos de calidade diferencial que temos en Galicia facturou 438 millóns de euros o ano pasado. Dentro deses selos de calidade está a I.X.P. pataca de Galicia co seu peso específico.

IMG_7669

Para axudar a todos eses sectores, produtores, comercializadores, operadores, con outros dous selos cales son a formación e investigación. Todos estas patas están agora representadas en AGACAL. Todos incluída a pataca teñen una voz directa nesta nova axencia.

Estamos en novos tempos nos que todos temos que cambiar o “chip”. A administración a primeira, non podemos estar sempre a remolque dos sectores, a administración ten que estar ao servizo dos sectores e non ao rebes.Para iso naceu AGACAL. Estamos para o que necesitedes. Non temos outro obxectivo que estar ao servizo de todos os sectores incluído loxicamente o voso.