domingo 17.11.2019

Os ladróns chegaron a Xinzo por internet

Tres empresas de Xinzo atracadas ciberneticamente

ataque-cibernetico
ataque-cibernetico

Cando chegaron a primeira hora da mañá para abrir os sistemas informáticos para comezar o traballo, estas tres empresas, dúas delas adicadas a distribución de productos agrícolas e a outra ao montaxe de estructuras gandeiras encontráronse cos sistemas bloqueados.

PETICIÓNS DE RESCATE EN BITCOINS

Ante esta situación o primeiro que fixeron foi chamar aos seus técnicos respectivos para ver de solucionar o problema. A mesma vez comezan a recibir amenazas dos ciberdelincuentes solicitándolle cantidades de diñeiro, tamén cibernético (en bitcoins), para devolvelle a operatividade ao seus sistema.

De seguido acudiron a Garda Civil, que está nesntes momentos a percura de información para localizar aos atracadores, aínda que parece que o rastro está difícil de seguir.

Aínda non saben cantos datos lles pudieron roubar

Os técnicos informáticos das empresas están a traballar conxuntamente cos técnicos da Garda Civil sen que nestes momentos descubrirán que datos lles pudieron roubar, posto que teñen medo de que si abren os correos ou o propio sistema sexa nese momento cando os virus comecen a “traballar” en favor dos delincuentes.