Domingo 24.03.2019

Laura Seara candidata a alcaldía de Xinzo

Pachi Váquez xa moveu a primeira das súas fichas

Laura Seara
Laura Seara

Fai unhas semanas saltaba a noticia de que Pachi Vázquez, o que fora mándamas do PSdG-PSOE chegando a ser Secretario Xeral e Conselleiro de Medio Ambiente do goberno bipartito deixaba de ser militante do partido.

A partir dese momento as miradas están postas nos movementos dos seus  afíns entre os que se encontran o que fora portavoz da Deputación, cesado a semana pasada para acceder a portavocía  a limiá  Elvira Lama. Parece ser que os movementos dos seus afíns entre os que sempre estivo Laura Seara, que aínda que alaricana de nacemento, sempre estivo ligada a Xinzo e a Limia.

Este será o primeiro/a socialista que parece ser comezará outra vez a súa carreira política unha  vez que nas Laura seara e pachi vazquezprimarias apoiou o candidato vencido por Pedro Sánchez.

Nunca Laura quixo ser candidata a alcaldía de Xinzo, ata agora que se decidiu, pero fora dos socialistas. Aínda non se sabe cales serán as siglas baixo as que se presentará para tratar de restarlle votos a Elvira Lama.

Laura Seara Sobrado (Allariz, 20 de abril de 1975) é unha avogada e política española. Foi deputada do Parlamento de Galicia (2001-2011) polo PSOE, deputada nas Cortes Xerais (2011-2015) e secretaria de Estado de Igualdade no goberno de José Luis Rodríguez Zapatero en 2011.

Desde outubro de 2016 é a coordinadora federal de Organización e Comunicación da xestora do PSOE tras a dimisión de Pedro Sánchez como secretario xeral do partido Entre o 22 de xullo e o 23 de decembro de 2011 foi secretaria de Estado de Igualdade en substitución de Bibiana Aído no Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. En 2015 Laura Seara foi elixida pola militancia do PSOE para ser cabeza de lista en Ourense nas eleccións xerais pero foi vetada pola dirección federal do PSOE liderada por Pedro Sánchez.5 En maio de 2016 Seara denunciou que Sánchez excluíralle de novo das listas para as eleccións do 26 de xuño.6 Desde outubro de 2016 é a coordinadora federal de Organización e Comunicación da xestora do PSOE tras a dimisión de Pedro Sánchez como secretario xeral.1