Dende a Limia
02:19 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

LIMISI, o CDR O Viso e Cruz Vermella celebran xuntos o Día Internacional do Voluntariado

O. Ferreiro | 28 de Noviembre de 2017 (22:54 h.)
Cartaz do evento das tres organizacións.
Cartaz do evento das tres organizacións.

O vindeiro martes, día 5 de decembro, a Cruz Vermella de Xinzo de Limia, xunto con LIMISI Diversidade Funcional e o CDR O Viso, celebrarán conxuntamente o Día Internacional do Voluntariado. As tres organizacións decidiron celebrar a xornada e recoñecer a participación voluntaria de persoas que colaboran solidariamente na vila de Xinzo e en toda a comarca da Limia. 

Na mañá dese día realizaranse unha serie de actividades na Praza Maior da vila, co obxectivo de poer en valor a participación voluntaria de persoas en labores sociais ou doutra índole.