Dende a Limia
19:31 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

O luns abre a matrícula para os cursos das Piscinas Climatizadas de Xinzo

O. Ferreiro | 23 de Agosto de 2017 (21:48 h.)
Instalacións das Piscinas Climatizadas de Xinzo de Limia.
Instalacións das Piscinas Climatizadas de Xinzo de Limia.

O vindeiro luns, día 28 de agosto, abrirá o prazo de inscripción para os diversos cursos que todos os anos se imparten nas instalacións das Piscinas Climatizadas do Concello de Xinzo de Limia.

Comeza a tempada 2017-2018.

Os interesados e interesadas en se inscribir a estes cursos de cara á tempada de formación 2017-2018 –para nenos e adultos– poderán facelo achegándose a partir do luns á recepción das instalacións.