Dende a Limia
01:03 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

MAIS CARTOS PARA CULTURA E DEPORTES

| 13 de Junio de 2018 (22:07 h.)

No próximo pleno do día  15 tamén se espera aprobar as contas do ano 2017, e o estado de gastos e ingresos, que hai que remitir antes de Outubro Consello de Contas.

O alcalde presenta para a súa aprobación  unha modificación de crédito de 313,000€ para dotar de máis medios a cultura con 90,000€, a deportes con 20,000€ e 160,000€ para gastos de consumos eléctricos. Dentro desta modificación, tamén reside a dotación para as festas de Xinzo que son arredor de 42,000€.