Viernes 22.02.2019

Mais premiados nos concursos organizados polo Concello

Co gallo da celebración do día das Letras Galegas

O venres rematou o prazo de envío de orixinais para os premios de debuxo "50 cumpreanos de “A galiña azul"”, e "Unha cuberta para María Victoria Moreno", ambos os dous para escolares de Primaria. Xa temos os resultados do fallo do Xurado para os dibuxos dos pequenos grandes artistas.

A gañadora do concurso “Unha cuberta para M.V. Moreno” é Aroa Joga Cuquejo coa obra “Guedellas de seda e liño”. O segundo premio é para Paula Lago Fernández, coa súa portada “As linguas de España”

Por outra parte, o concurso “50 Cumpreanos de “A galiña azul”” entregarase a Lucía Parada García pola obra “A galiña rara”, e a gañadora do segundo premio é  Andrea Coello Abreu e súa obra “A formiga esquiadora”.

A entrega dos  premios e agasallos levaranse a cabo durante os actos do 17 de maio. Atentos, pois, a lista de gañadores da placa, diploma e 300,00€ a gastar en librrerías de Xinzo para o primeiro premio e 200,00€ para o segundo. Ademais, haberá un agasallo sorpresa para os premiados e outro para todos os participantes

Comentarios