Dende a Limia
11:57 h. Jueves, 21 de Junio de 2018

Mañá luns comezarán as “catas” arqueolóxicas na rúa da igrexa

| 07 de Enero de 2018 (15:55 h.)
Rúa do Peto
Rúa do Peto

Cento setenta mil euros(170.000€)  serán os que o Concello e a Deputación investirán nas dúas últimas rúas que pertencen ao casco vello e que de momento non están empedradas.

A primeira será a da rúa da Igrexa, na cal, comezarán mañá mesmo as catas arqueolóxicas obrigatorias nos entornos que contan con demarcación específica patrimonial. Unha vez rematadas estas catas e co correspondente informe técnico comezarán a reforma integral con abastecemento, saneamento iluminación e colocación de pedra. Nesta fase tamén se incluirá a rúa anterior cuxo firme de pedra está bastante deteriorado.

RÚA DO PETO

Outra das rúas que se inclúen nas obras nestes primeiros días do 2018 será a da rúa do Peto, na cal a actuación será moito mais profunda, posto que a rede de sumidoiro será cambiada para unila a de Marcelo Macías, e con esta actuación, explica Antonio Pérez, espera se resolvan todos los problemas de anegamentos  desta devandita rúa.

Tamén cambiaran a rede de abastecemento, iluminación e por suposto o firme que pasará a ser de pedra, co cal toda a parte vella de Xinzo estará empedrada.