Dende a Limia
00:55 h. Miércoles, 22 de Agosto de 2018

Maña xoves as 11:00 haberá outro pleno ordinario

| 09 de Mayo de 2018 (20:12 h.)

Para ás once da mañá está convocado outro pleno ordinario da corporación municipal na que os edís terán que tratar tres temas, co que se espera que en pouco tempo resolvan os temas a tratar.

No primeiro punto tratarán unha moción conxunta para que o goberno reforme con urxencia o Código Penal   referidos a violencia de xénero.

No segundo punto da orde do pleno tratarán unha moción dos Socialistas referente a creación dunha nova residencia  de maiores no noso concello.

Para rematar o pleno o alcalde propón a corporación  un acordo para que sexa a administración autonómica  sexa a que convoque e leve a cabo a selección a partir de agora das prazas de policía Local, cando as houbera.

É de esperar que a duración do mesmo sexa curta, posto que todas as propostas xa foron aprobadas por unanimidade  nas comisións realizadas.