Dende a Limia
18:25 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

Manuel Baltar e o presidente da CHMS analizan a seca na provincia de Ourense

O. Ferreiro | 05 de Octubre de 2017 (22:25 h.)
Francisco Marín e Manuel Baltar reunidos no Pazo Provincial.
Francisco Marín e Manuel Baltar reunidos no Pazo Provincial.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, analizaron onte mércores na reunión que mantiveron no Pazo Provincial a situación da seca que está a padecer a provincia de Ourense a causa da ausencia de choiva.

O presidente do goberno provincial expresoulle ao titular da CHMS a colaboración da institución provincial nas cuestións que fose necesario, para contribuír a paliar as consecuencias negativas que puideran darse por mor da seca, cooperación que Francisco Marín agradeceu dada a situación de alerta declara nesta demarcación fluvial –con precipitacións un 40 % por baixo da media–, logo de que a Oficina Técnica analizara os datos do ano hidrolóxico, rematado o pasado sábado.