Sábado 19.01.2019

Media tonelada de sal leva botado o Concello estes dous días

Segundo informan responsábeis da brigada municipal

Esta mañá, xoves,  os membros da brigada Municipal, xa botaran  media tonelada de sal nas principais prazas e rúas da vila.

Esta noite, a estas horas, tanto a praza Maior, como a Carlos Casares e as rúas do casco vello, xa estaban salpicadas de sal para que ás primeiras horas desta mañá de venres, que se espera sexa unha das máis frías desta semana, non haxa ningún problema.