Dende a Limia
15:12 h. Martes, 14 de Agosto de 2018

Sete mil euros para o conservatorio

| 31 de Mayo de 2018 (22:44 h.)

O Concello de Xinzo de Limia dedicará unha partida de 7000 euros para pechar e acristalar o porche da  entrada ao conservatorio, situada na zona traseira da Casa de Cultura par que pase xa a ser a entrada oficial hacia o centro educativo municipal.

Dado que a entrada  actual non está acondicionada para minusválidos, aproveitarase esta zona, xa construída con rampla de acceso, para o facilitamento do paso a persoas con discapacidade física;

Grazas a este arranxo, tamén “se evitará o menudeo e os actos vandálicos que ata o momento tiñan lugar nesta zona” en palabras do Concelleiro de Urbanismo Ricardo Sieiro.

A obra comezará de forma inminente e, aproveitando a conxuntura, tamén se prevé acondicionar a praza para o goce dos veciños e veciñas.