Sábado 16.02.2019

O museo do Entroido abrirá o próximo 11 de febreiro

De mércores a domingo e tódolos días durante os días de Entroido

No día de hoxe a Deputación Provincial publica as bases do concurso público para adxudicar a una empresa  o servizo de vixilancia, mantemento e limpeza das instalacións do Museo Galego do Entroido en Xinzo de Limia.

O prazo de presentación de plicas finalizará o próximo día 11. Data de comezo do contrato que finalizará o 30 de Xuño deste 2019.

O prezo  máximo de licitación será de 15.000 € IVE incluído.

HORARIO DE APERTURA

Mércores, xoves, venres e sábado: aberto pola mañá de 10 a 13:30 horas, e pola tarde de 16 a 18:30 horas.

Domingo: aberto pola mañá;  luns e martes: pechado.

Horario especial do entroido (do 11 de febreiro ao 6 de marzo de 2019): O museo abrirá tódolos días en horario de mañá e tarde.

As condicións de realización da prestación  constará dos seguintes servizos:

-Control permanente de accesos e vixilancia das instalacións durante o horario de apertura

-Asistencia básica aos visitantes ao Museo, facilitándolles os folletos informativos dispoñibles e indicándolles a localización e contidos xerais das dependencias do Museo. Non se inclúe a realización de visitas guiadas.

-Atención telefónica aos interesados.

-Vixilancia e control das instalacións do Museo (incluíndo as instalación de auga, enerxía eléctrica e calefacción) incluíndo as operacións normais de mantemento preventivo e as pequenas reparacións que sexan necesarias (cambio de lámpadas e similares).

-Limpeza das instalacións. A limpeza realizarase fóra das horas de apertura do Museo.

O museo do Entroido abrirá o próximo 11 de febreiro