Dende a Limia
06:03 h. Jueves, 26 de Abril de 2018

O Museo Galego do Entroido podería volver abrir de maneira definitiva en maio

| 31 de Marzo de 2018 (21:15 h.)

O Museo Galego do Entroido atópase pechado dende  finais do 2017, xa que o Concello tiña dificultades para atendelo por cuestións de persoal. Dende entón, solo se utilizou para visitais escolares e algunha outra concertada previamente. Pero esta situación podería cambiar xa que a Deputación vaise  facer cargo de todo o relacionado co seu funcionamento en xeral, incluído o tema do persoal. O resto dos custes, manteñemento, enerxías, auga etc.  correrá a cargo do Concello

Unha vez que o procedemento administrativo sexa o adecuado, tanto o pleno da Diputación como o o de Xinzo deberán aprobar a cesión das competencias. Este procedemento podería facerse efectivo no pleno que a Deputación celebre en maio, posto que primeiro ten que ser aprobado o acordo no de Xinzo. De ser así, o Museo podería reabrir as súas portas en Xuño.
O Concello de Xinzo seguirá pagando os gastos de ter aberto o Museo, así o confirma o asesor de cultura da Diputación, Aurelio Gómez Villar, quen tamén dixo que a administración provincial recibiu a finales de 2017 un acordo por parte do Concello para encargarlles as tarefas administratitvas.

Ante as cuestións de si se contratarán novos traballadores ou continuarán os que exercian esa labor ata o pasado decembro, Aurelio Gómez explicou que eso correspondelle decidilo  a área de personal do organismo provicial.