miércoles 23.10.2019

A noite en Xinzo tamén foi negra e violeta

Máis de dous centos de veciños e veciñas concentráronse na praza Carlos Casares en solidaridade coa convocatoria feminista
Concentración "Noite violeta"
Concentración "Noite violeta"

Elvira Lama, volveu a tomar a palabra na nova concentración, esta vez convocada por plataformas feministas de toda España baixo o lema de A noite violeta para dicir que fai tres días pensábamos que podían ser os últimos o crimes de Valga, cando ao día seguinte volvemos a coñecer,  doutra muller morta as mans  do seu marido en presenza das súas fillas.

1

Continuou dicindo que xa van máis de 1000 mulleres mortas dende que hai rexistros de violencia machista.

Recordou que dende fai unha semana o noso Concello está adherido ao protocolo VIOXEN,  que é un sistema de seguimento para as vítimas de violencia machista, no plan de seguimento de violencia de xénero.

Recordou aos presentes que non solo hai moitas clases de violencia, por exemplo, violencia psicolóxica, económica, verbal e por suposto a machista que acaba con moitas mulleres.

Rematou dicindo que as mulleres, non somos propiedade de ninguén e por suposto de ningún desgraciado.

cats

Con un minuto de silencio rematou o acto ao que acudiron máis de dous centos de homes e mulleres que se uniron aos que tamén se concentraron en outros pobos e cidades de toda España, seguindo a convocatoria dos grupos feministas.