Dende a Limia
00:35 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Nova colaboradora de dendealimia

| 02 de Diciembre de 2017 (15:46 h.)
Alba Domínguez
Alba Domínguez

Ela preséntase a si mesmo da seguinte maneira

Son Alba Domínguez Marra. Nacín en Xinzo de Limia, e dende esas vivo aquí.

Fixen os meus estudos de Educación Infantil e Primaria no CEIP Carlos Casares, en Xinzo de Limia.

Actualmente estudo no IES Cidade de Antioquía. Curso tamén o Grao Profesional de clarinete no Conservatorio Profesional de Xinzo.

Estou na compañía de teatro de Xinzo, Teatro Aneis.

Escribo dende ben pequena, cousa que me libera, permitíndome expresar a miña opinión.

En maio deste mesmo ano gañei o primeiro premio da provincia de Ourense no concurso de xóvenes talentos de Coca-Cola de relato corto a nivel Galicia.

Quero estudar medicina, cousa que teño ben clara dende pequena, porque me sinto moi realizada axudando á xente, e coido que como médica poderei axudar moito. Aínda así, gustaríame seguir escribindo, pois son da idea de que as palabras son as únicas que poden cambiar o mundo, e se hai algo que eu quero facer na miña vida é iso, cambiar o mundo.

Non nos equivocamos afirmando que nos vai a enganchar a todos dende este primeiro artigo, e  que  a ninguén vai a deixar indiferente,   e que xa podedes saborear  premendo aquí.